domingo, 13 de junio de 2010

FICHA DO LIBRO:DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA.

AUTOR:Fina Casalderrey.
TÍTULO:Dúas bágoas por Máquina.
ILUSTRADOR:Víctor Rivas.
EDITORIAL:Xerais.
ANO:1992-2005-2006-2007-2008.
PERSONAXES:Máquina,a avoa,Xusta, Moncho,nai,pai,avó,mestra, mestre.
ESPAZOS:Casa de Xusta,rúa,colexio de Xusta e Moncho.
TEMPO:PRESENTE E PASADO.
RESUMO:Xusta é unha nena que polo seu cumpreanos regálanlle un can, este desaparece. Polo seu próximo cumpreanos, regálanlle outro can,ambos chámanse igual:Máquina.
O seu pai había abandoado a Máquina 1 e pensaba facelo con Máquina 2 se non fose porque servía para cazar.Un día Máquina 1 aparece e queda con ambos cans.

ROMEO E XULIETA.

AUTOR:William Shakespeare.
TÍTULO:Romeo e Xulieta.
ILUSTARCIÓNS:----------.
ANO:1993.
COLECCIÓN:-------.
EDITORIAL:Espasa.
PERSONAXES:Romeo,Xulieta,Ama,Señor Capuleto,Señora Capuleto,Paris.
TEMPO:1ªPERSOA.
ESPAZOS:Casa dos Capuleto.
RESUMO:En Verona dúas familias están enfrentadas entre si,na familia dos Capuleto Xulieta, enamorase de Romeo a familia de Romeo nin a de Xulieta, non o permiten. O cura dalle unha bebedaxe a Xulieta para que pareza que estea morta par anon casar con Paris,no momento en que o bebe, chega Romeo que o mirala así pensa que esta morta, e como sen ela non é capaz de vivir colle veleno e mátase,o despertar Xulieta, mira o bote o lado de Romeo ela tamén bebe e xuntos morreron.

FICHA DO LIBRO:MEMORIAS DE IDHÚN

AUTOR:Laura Gallego García.
TÍTULO:Memorias de Idhún.
ILUSTRACIONS:---.
ANO:2004-2009.
COLECCIÓN:----.
EDITORIAL:SM.
PERSONAXES:Jake,home da bata,nai, pai,can.
TEMPO:2ªPERSOA.
ESPAZOS:Granxa.
RESUMO:Jake chega de noite a súa granxa,o seu can non ven como de costume,entra an súa casa e se encontra co seu pai morto,despois encontra no pasillo do piso darriba a súa nai morta o lado dun home cunha bata,ambos quedan inmovilizados. Non pode chamar a policía, nin a unha ambulancia, está sne línea, esta compretamente so.

VAMOS BEBENDO

- Teño tres pitas brancas
E un galo negro,
Que han de poñer bos ovos,
Andando o tempo.
I hei de vendelos caros,
Polo Xaneiro;
I hei de xunta-los cartos
Para un mantelo;
I heino de levar posto
No casamento;
I hei...

- Pos mira, Marica,
Vai por un neto
Que antramentas non quitas
Eses cerellos,
I as pitas van medrando
Co galo negro,
Para poñelos ovos,
E todo aquelo
Do xaneiro, dos cartos
I o casamento
Miña prenda da ialma,
¡Vamos bebendo!

A XUSTIXA POLA MAN.

Aqués que tén fama de honrados na vila,
Roubáronme tanta brancura que eu tiña;
Botáronme estrume nas galas dun día,
A roupa decote puxéronma en tiras.
Nin pedra deixaron, en donde eu vivira;
Sin lar,sin abrigo,morei nas curtiñas;
Ó raso cas lebres dormín nas campías;
Meus fillos...¡meus anxos...!,que tanto eu quería,
¡Morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucáronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
I en tanto, os raposos de sangre maldita
Tranquilos nun leito de rosas dormían.


-Salvádeme¡ou,xueces!,berrei...,¡tolería!
De min se mofaron, vendeume a xustiza.
-Bon Dios, axudaime,berrei,berrei inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Entonces cal loba doente ou ferida,
Dun salto con rabia pillei a fouciña,

Rondei pasesiño...¡Ne-as herbas sentía!
I a lúa escondíase, y a fera dormía
Cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
Tranquila, esperando pola alba do día.

I entonces... entonces, cumpreuse a xusticia:
Eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

sábado, 12 de junio de 2010

A ELEGANCIA DO OURIZO.

Era unha vez un ourizo, o ourizo máis elegante de Fondo de Bosque.Fonde de Bosque queda moi lonxe da civilizacion, máis lonxe do que te poidas imaxinar.Como decía,Puas é un ourizo, que a diferencia dos demáis, o noso amigo as súas puas son de cores diferentes e cando lle bota gomina, as súas puas volvense moi duras, ata certo punto que chegan a pinchar, asi nadie e ninguen se metería con él.Puas todolos días saía a pasear, certo día encontrouse cun cartel:
FONDO DE BOSQUE FARA a maior festa para darlle
a gran visita a filla do alcalde este domingo
no polideportivo NON FALTES!!!
Para Puas esta ocasión non se lle podía escapar a filla do alcalde era a máis guapa de todo o pobo.Xa era o dái, Puas estaba moi nervioso esperando a Karen tan fermosa entrar pola porta como cando era máis pequena.O entar, sentamosnos todos nas mesas, o estar xa no postre, Puas axustou ben a gravata e invitou a Karen a bailar.
-Queres baialr?
-Si claro,como estas Puas?
-Ben, moitas felicidades.
-Grazas coñecer os humanos noné doado, tes que arrisgarte,ademais a viaxe foi moi longa, tardei 5 anos.
Cando a festa acabou Puas lle pediu para ser noivos a Karen, ela aceptou. Tiveron 5 fillos e eses fillos outros, e asi esta familia foise tarnsmitindo de xeneracion en xeneracion.

FICHA DO LIBRO:O ESPANTALLO AMIGO.

AUTOR:Xosé Neira Vilas.
TÍTULO:O ESPANTALLO AMIGO.
ILUSTRACIONS:ALUMNOS DOS INSTITUTOS DE LUGO.
ANO:1973-1976.
COLECCIÓN:----------.
EDITORIAL:Celta.
PERSONAXES:Os merlos,o Espantallo,o tío Ramón, o can,...
ESPAZOS:O campo do tío Ramón.
TEMPO:
RESUMO:O espantallo do tío Ramón quere ser amigo dos paxaros pero, mentres que siga a súa amistade os merlos non poderan comer o cultivo do tío Ramón. O tio Ramón cando mira que o espantallo non espanta os merlos decide queimalo.

FICHA DO LIBRO:Alice's Adventures in Wanderland.

AUTOR:Lewis Carrol.
TÍTULO:Alice's Adventures in Wanderland.
ILUSTRACIÓNS:John.
ANO:1862-1984.
COLECCIÓN:Xabarin.
EDITORIAL:Xerais Tenniel.
PERSONAXES:Alicia,a gata de alicia,o coello branco.
ESPAZOS:No xardín,no País das Maravillas.
TEMPO:1ªpersoa.
RESUMO:Alicia é unha nena moi tímida, que ten unha imaxinacion enorme. Detrás dun coello branco cun reloj cae por unha madrigueira, no que vive unha gran aventura no País das Maravillas.

FICHA DO LIBRO:LOS MEJORES RELATOS DE ROAL DAHL.

AUTOR:Roal Dahl.
TÍTULO:(O home do paraugas)Los mejores relatos de Roal Dahl.
ILUSTRACIÓNS:-----.
ANO:1996-1997.
EDITORIAL:Alfaguara.
PERSONAXES:A nena,a nai, o home do paraugas.
ESPAZOS:A rúa.
TEMPO:1ªPERSOA.
RESUMO:Unha nena e a súa nai estan na cidade sen un paraugas, un home ofrecelle un de seda por un prezo moi baixo, o home di que el xa ira nun taxi, a muller fa o trato. Despois o home non colle o taxi a nena máis a nai sigueno e chega a un bar donde pide un vaso de wiski e vaise sen pagar, e logo rouba un paraugas que logo lle vende a outro señor e outra vez fai o mesmo percorrido.

FICHA DO LIBRO:Os cabalos do meu tío.

AUTOR:Gonzalo Moure.
TÍTULO:Os cabalos do meu tío.
COLECCIÓN:Sopa de Letras.
ILUSTRADOR:Fernándo Martín Godoy.
EDITORIAL:Anaya.
PERSONAXES:Dario Bis,Dario,Fanfá,Pinchos.
TEMPO:1ªPERSOA.
ESPAZOS:Casa do tío Dario,establo dos cabalos,campos...
RESUMO:Dario bis vai a casa do seu tío Dario o campo, o seu tío ten cabalos e dous cans.Dario ten que aprender a coidar os cabalos, e alí coñece a unha nena, xuntos montan a cabalo e fan millon de aventuras.

FICHE DO LIBRO DE BALA PERDIDA.

AUTOR:Manuel Rivas.
TÍTULO:Bala Perdida.
ILUSTRADOR:Miguelanxo Prado.
EDITORIAL:Alfaguara.
COLECCIÓN:Obradoiro.
ANO:1996-2006.
PERSONAXES:Herr Doktor,Polison,Bala Perdida, Tiradentes, Calamidá,Rouse,Flahenty,Pid e Pod,Doh,Ray,Miss Zacha.
ESPAZOS:Atlán.
TEMPO:Liberdade,manicomio,...
NARRADOR:1ª PERSOA.
VALORACIÓN XUSTIFICADA:10.

FICHA DO LIBRO :O principiño.

AUTOR:Antoine de Saint- Exupéry.
TÍTULO:O Principiño.
Ilustrador:Antoine de Saint- Exupéry.
EDITORIAL:La Voz de Galicia,S.A.
COLECCIÓN:-------.
ANO:2005.
PERSONAXES:Aviador,Principiño.
TEMPO:1945.
ESPAZOS:No deserto do Sahará.
NARRADOR:O aviador.
RESUMO:O principiño é un neno pequeno que se encontra cun aviador ao que se lle estropeou o seu avion, despois contalle as súas historias o aviador, as súas aventuras que fixo de planeta en planeta. El vivía nun planeta moi pequeniño, no que só cabía él e o seu cabritiño.

DIARIO DUNHA PANTASMA

QUERIDO DIARIO:luns 5 de abril de 2010
Ola chámome Kenya, son unha nena normal, que ten 12 anos. Xa terminou o verán e agora empezo 1º da E.S.O estou moi nerviosa. Xa mañan empezará o instituto irei en coche coas miñas mellores amigas, pero só o primeiro día os demais iremos en autobús. Hoxe pola tarde marcharemos o circo que hai no pobo, para despedir o último día das vacacións. Non sei que poñerme porque el tamén vai.
Chámase Pablo é rubio de ollos azuis, e un soriso moi bonito que o fai aínda máis guapo do que é. Eu creo que tamén lle gusto, pero é tímido coma min e non se atrevera a decirmo nunca, oxala tivese poderes para botarlle un conxuro para que me dixera todo o que sinte por min. Bueno voume que as mozas acaban de chegar e xa suben as escaleiras impacientes para marcharemos.
CHAO!!!!! MUITOS BKS


QUERIDO DIARIO:luns 5 de abril de 2010
Ola de novo solo che escribo para que sepas o que me pasou no circo, foi xenial, había un pouco de todo de camelos ata osos panda, son adorables. Despois de saír nos acercamos ata o parque, comprámonos un xeado, e como cabras baixamos para debaixo dunha ponte a remollalos pes na auga, estaba conxelada.
As nosas nais tíñamnos que vir buscar así que na estación de autobuses esperamolas. Unha a unha foron marchando, e só quedábamos eu mais el, o meu rubio de ollos azuis. Cunha charla que non viña a conto, colleu e díxome que se mañan se quería saír con el, despois do colexio para ir o cine. Eu acepetei encantada. Despois dun rato chegou miña nai coa pesada da miña irmá no asento traseiro. Despedínme del, e miña nai arrancou aquela chatarra vella que tíñamos por coche. Enton a cotilla empezou a entrevistarme como era de costume.
-Quen é ese? É o teu noivo? Como se chama?
-Querida monstruo, a miña vida nin che ven nin che vai así que cala a boca.
-Mama, mandoume calar!!!!!!
-María, aprende a non meterte na vida da túa irmá, e cala a boca.
Asomei a cabeza polo asento de atrás e ensinandolle a lingua :
-Chúpate esa canija.
Cando cheguei a casa morría con contarllo a alguen asi que tomen asento un bolígrafo e púsenme a escribir en ti, pero agora teño que contarllo as miñas amigas antes de ir cear.

CHAO!!!!!!!!!!!!


QUERIDO DIARIO:martes 6 de abril de 2010.
A que non sabes, hoxe teñoche unha cousa moi gorda que contárche, sabes que onte dixenche que sería hoxe o meu primeiro día de insti pois.... a que non sabes en que clase me tocou? Con duas das miñas mellores amigas na clase de 1ºB, e aínda por enriba tocoume co meu rubiño. Cambiando de tema, a cita foi perfecta miramos a pelicula da Saga Crepúsculo ´´LUNA NUEVA´´. Invitoume a un batido de fresa e ali díxome todo o que eu sospeitaba. Agora somos noivos.
Esperei este momento xa fai non sei cantos anos e agora que o conseguín síntome a nena máis feliz do mundo. Hoxe cearemos fora nun restaurante de luxo, xa que ao meu pai lle fixeron un ascenso grandísimo, xa era hora el era moi bo. Agora é axudante do xefe, o que el sempre quixo, estou moi orgullosa del.
A miña irmá María dí que mira espíritus é unha estupidez. Miña nai dí que se inventa tantos amigos imaxinarios que ninguen máis que ela pode mirar e pensa que son espíritus. Eu nunca serei capaz de crerllo e unha mentira moi gorda e cada vez que a dí meu pai cabrease e a castiga, eu non o comprendo se non é verdade porque a castigan porque se incomodan tanto co tema, a veces creo que pode ser certo pero meus pais neganse a realidade.
Teñome que ir mañan seguimos con este tema.
CHAO!!!!!!!!!





QUERIDO DIARIO:mércores 7 de abril de 2010
Hoxe pasou unha cousa no colexio moi inesperada botaron a un mago que lía a túa man fora do instituto por min. Estibolle moi ben, sabes o que me dixo?
Que nun momento de abril iba morrer. Con esas cousas non se xoga é un tema moi serio. Miña nai estaba moi cabreada cos profesores, pero eu a tranquilizei diante da directora. Non era culpa dela, que iba ela a saber que o mago me iba a decir esa cousa horrible. Deuse de conta cando llo contei que dixo que non había pasado nada, pero que non quería que papa o supese que o mellos lle afectaba.
Non quero que meu se disguste non lle conven a verdade está moi mal do corazón calquera tema moi forte podíalle facer mal e levalo incluso ata a morte.
Hoxe non teño ganas de falr moito nin falei no recreo coas miñas mellores amigas que son moi de confiar.Voume aquí escribindo xa non fago nada.
CHAO!!!!!!




QUERIDO DIARIO:xoves 8 de abril de 2010.
Ola hoxe xa teño un problema e dos grandes, acordaste cando che contei que había hido o circo?. Pois resulta que había mentido os meus pais, lle dixen que estaría coas miñas amigas por Gondomar, e logo a escondidas marchei o circo. Te estaras preguntando por que che estou a contar isto pois porque hoxe meu pai comprou 4 entradas para ir. En menudo lio estou metida, agora como me recoñeza alguen que traballa alí... xa non sabría que facer. Xa teño as maletas feitas porque vou marchar xunta a avoa unha boa temporada, e mira que é o peor castigo que poida ter unha nena da miña idade. A avoa faiame facer cousas das que cada día as odio máis un exemplo: fai o té para as súas amigas e para ella e por suposto a súa “NENIÑA DE PELO DE OURO” tamen, o que unha ten que aturar. Bueno voume.

CHAO!!!


QUERIDO DIARIO:xoves 8 de abril de 2010.
Hoxe está declarado o peor día do mes. A que non sabes donde estou? Pois en Povisa o médico de Vigo, estou ingresada por un golpe na cabeza moi forte. Foi todo no circo pasou así tal cual:
-A quí ten as entradas
-Eu a ti nena sóame a túa cara de verte, non viñeras por aquí fai uns días?
-Non!!!! Confúndeste de persoa.
-Bueno,vale que disfruten do circo.
Xa cria que me daba un infarto ali mesmo. Pero non acaba aquí, non logo sigue pero non para ben, se non para aínda peor. Sentámonos todo estaba saíndo ben ata que...
-Necesito un voluntario ou voluntaria que ronde os 12 anos.
Meus pais me miraron eu a eles deilles un sinal de que eu non iba nin de broma. Meu pai levantou o brazo e en voz alta dixo:
-Mi hija se ofrece.
Tiven que baixar e maldita na hora en que o fixen. Levoume xunto os delfíns e presentoume a un deles chamábase Saltarín agora sei ben por que o seu nome Saltarín. Xusto cando estaba a saltar o mamífero deu tal salto que me salpicou completamente, o intentar camiñar resbaloume o pe e caín a piscina dandome un forte golpe contra a esquina da piscina. Desde ahi non recordo nada dixéronme que me sacaron da piscina e me levaron en ambulancia ata Urxencias en Ramallosa.Agora me dixeron que dentro de unha semana podería marchar para casa, porque aínda me tiñan que facer unhas cantas radiografías máis.
CHAO!!!!!

QUERIDO DIARIO:venres 9 de abril de 2010.
Ola, déronme o alta e agora estou xa na casa, prométome a min mesma que xamais volverei a un hospital. Sonia a miña mellor amiga acaba de vir a traerme os deberes, e agora mesmo fai uns minutos marchou, tiñamos que ir as dúas a ximnasia rítmica, pero polo maldito golpe agora non podo facer nada. Sonia díxome que Pablo, esta tarde me iba vir ver, estou super contenta. Os meus pais están agora moi pendentes de min, non me deixan 5 minutos soa. Pareceme ben pero, teñenme que deixar respirar. Miña nai desgustouse moito, e agora para non deixarme soa polas mañás, contratou a unha niñera, e moi simpática, chámase Bea e ten 19 anos. É moi noviña, pero ella ten maña para os nenos, porque para aturar a unha que eu sei...María é moi cruel a veces hoxe reñimos entre nos e ela deume un golpe na cabeza, na parte que teño mal. Mama rifóulle e díxolle que se me volvía pegar, que a mandaba para a casa dos avos. Mañá volverei a o hospital, porque me dan mareos e ata me chego a desmaiar, e pode que sexa algo interno, e as enfermidades internas poden chegar a matar. Xa chegou, mañan cóntocho todo o que pase.

CHAO!!!


QUERIDO DIARIO:sábado 19 de abril de 2010.
Como te prometin aquí estou de novo, para contarche todo o que pasou onte.
Foi xenial entrou cunha rosa na man no meu cuarto, todo galan.
-Ola como estas?
-Ben, gracias por vir verme.
-Non e nada muller, toma isto é para ti.
-Gracias, mmm que ben cheira.
-Si, a túa veciña coleciona unhas rosas moi lindas, como ti.
Encantóume esa parte, é que é a persoa máis riquiña dos nenos do instituto que coñezo. Pero, logo chegou a parte que todavía apasiona máis.
-Bueno non creo que solo viñeras a preguntar como estou e a traerme esta rosa, non é certo?
-Non, non te equivocas, veras e que non sei como decircho.
-Dime, soltate eres un dos meus mellores amigos.
-Kenya, quererías... xa sabes … salir conmigo?
-Sí.
Entonces bicoume, foi fantástico, e agora son super feliz.Agora me ven visitar Sonia que onte chameina para darlle a noticia.
CHAO!!!!!
QUERIDO DIARIO:domingo 20 de abril de 2010.
Dentro de pouco cumprirei o anos 13, sera o 24 de abril e esperemos que esta cabeza tola cure rápido porque non me gusta nada estar tirada non sofá do salón e non facer nada. Mañán teño que ir o hospital, xa sabes polo dos mareos e todo ese rollo. Non sei pero dame un presentimento que vai ser algo malo. Miña nai, non pega ollo dende que pasou o que pasou, non sei, porque se preocupa tanto, debe de ser o seu presentimento materno, ese que teñen todas as nais.
Meu pai non esta tan tocado polo tema, a verdade e que case nunca esta conmigo pasa máis tempo co ordenador que conmigo, sabendo que eu agora o necesito máis ca nunca. Onte pasou por diante do meu cuarto e pasou de largo sen darme nin as boas noites como soía facer antes do acidente. Non sei as persoas dende que tiven o acidente comportanse de forma extraña. Papa creo que lle afectou bastante o tema e por iso non quere verme.

CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:luns 21 de abril de 2010.
Hoxe fumos a consulta do médico, fixéronme radiografías,analises,... e moitas cousas máis super raras. Cando me estaba cambiando nunha sala, miña nai falaba co médico, non sei que lle diria pero cando eu entrei, a conversa aínda que quixeran desimulalo non puíderon cambiou de tono.
-A nena esta en perfecto estado, os mareos seran de tanto sangue que perdou no impacto, porque túa nai non cho dixo, pero perdeches nese golpe moito sangue e agora debe ser o motivo de estar tan dévil.
Foi algo moi forte para a miña nai o que lle tivo que decir o médico antes de que eu chegara porque en todo o camiño non dixo nada. O peor non foi iso, miña nai non dixo nada en absoluto ata que meu pai chegou a casa. Sei que algo extraño esta a pasar, meu pai despois de que miña nai se encerrase con el no seu cuarto, non me dirixiu a mirada en toda a cea.
-Perdoade, non teño fame.
Levantóuse da mesa chorando e marchou seguido da miña nai.
-Pero non estabas ben?
-Si, ou iso creo, nadie confía en min, non existo.
Miña irmán quedou soa ceando na mesa.
E agora estou aquí encerrada e non vou saír ata mañan xa que agora podo ir o instituto. Voume acostar, boas noites.
CHAO!!!!


QUERIDO DIARIO:martes 22 de abril de 2010.
Parece que só e na casa en donde ahi un ambiente tenso, destes que che fan un no na gorxa, que non te deixa falar. Aquí no instituto todos me tratan igualca antes do suceso. Os mestres cando me dan mareos veñen amarrarme, e sempre me gritan fan asi:
-KENYA, ESTAS BEN KENYA CONTESTAME.
Fan coma se estivese a punto de caer por un precipicio.
Pablo agora está do máis atento conmigo se me mareo non duda en collerme no colo e levarme ata a clase. Sonia, é a única que me mira diferente que os demais, como me mira miña nai aínda que intente facerse a distraída, e tamén Pablo me mira así, cunha sonrisa disfrazada de tristeza, aínda que os dous intenten quitarse ese rostro das súas caras, ambos non con capaces, e agora mesmo temo o peor. Sen que son os meus mellores aigos e que o mellor estan preocupados porque em pase calquera cousa, ou pola contra miña nai lles contou o que toda a miña familia sabe e me oculta, unha mirada vale máis que mil palabras.

CHAO!!!!

QUERIDO DIARIO:mércores 23 de abril de 2010.
Ola, cada día síntome máis cansada, pero hoxe non te vou contar as miradas e caras que me poñen os meus familiares e os meu amigos, porque enton non podería máis. Estaba hoxe na clase de ximnasia rítmica cando a mestar fíxonos a todas unha proba, e eu como non son menos tíven aque facer tamén.
Foi chámandonos de unha en unha e decindo en alto as nosa notas e o porque das notas.
-Kenya Domínguez.
-Si.
-9, porque a mariposa non esta como a de fai xa 2 días.
-Grazas.
-Raquel Benítez.
-Si.
-7-8, depende por como siga o teu comportamiento, e che digo o mesmo ca Kenya a mariposa podía estar tan limpia como a de fai 2 días.
-Si claro, pero a ela poslle mellor nota, porque ela tivo ese acidente e esta a punto de...
-Xa vale Raquel, agora tes un 6 e quero falar cos teus pais xa.
-Estou a punto de que?
-De nada Kenya, son celos da túa compañeira, e nada máis de que te teñas que preocupar.
Sabes, non estou tan segura de que fosen celos, eu creo que é algo serio.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:xoves 24 de abril de 2010.
Por fin xa é o día, hoxe todos actuaron con normalidade meu pai e miña nai non foron traballar quedaron conmigo, porque hoxe teño un concurso de ximnasia rítmica como podería celebrar de mellor forma o meu cumpreanos?
Pablo e Sonia van estar alí para apollarme dende as gradas xunto cos meus pais e María, que hoxe me miraron a cara, contentos e moi agradables.
Teñome que ir porque a toda mecha me visto para marchar o insti.
CHAO!!!.
QUERIDO DIARIO:xoves 24 de abril de 2010.
Non,non e non o meu día feliz convertíuse no meu último día que paso entre os vivos, como non o averiguei antes, meus amigos, meus pais, miña irmá TODOS son uns traídores, todos menos Raquel.
-Benvidos o concurso 2010 de ximnasia rítmica.
Así empezou o meu tormento.E así seguiu.
-Agora se dira o nome da gañadora deste concurso 2010.
-Que nervios a este paso morro.
-É Kenya!!!!!!!!
-Son a nena máis feliz de...
-Non eres nada non te mereces nada, para que gañas ti se vas morrer en menos dun mes.
Soaron abucheos e tiraron a pista vasos de refrescos de todo tipo. Mirei para os meus pais, ambos choraban desconsoladamente igual que Pablo e Sonia. Solo recordo o seguinte, derrotada por as miñas forzas caín na pista, e nunca xamais me volvin levantar ata as 7 e media da tarde. Me levantei confusa porque estaba ergueita pero o meu corpo estaba tirado na cama e cun pitido repetitivo :piiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii.Todos estaban alí chorando e agora as enfermeiras os botaban fora da habitación. Comprendino todo, estaba morta.
Dende fora estaba María.
-Mama está ahi de pé, está ergueita.
-Calate, non digas tonterías.
María tiña razón, sentínme como unha estupida, como non a creín dende o primeiro momento en que dixo que ela miraba espíritus. Agora non me sentía soa tiña a María, ela mírame seguro que me axudará. Agora e a miña única esperanza para non estar soa neste mundo dos vivos.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:venres 25 de abril de 2010.
Nadie me escoita e só me sinten cando estou moi preto a eles e sinten un leve calafrío. María aínda non sabe se falarme ou se non, que eu sepa cando nos decía que miraba pantasmas, nunca dixera que falaba con eles, ou iso creo.
Non sei se empearlle eu a falar, pero se a asusto nunca máis se me volverá a hacercar e eu agora, non é o que quero. Así que xa o teño pensado é que pondrenlle miradas cunha sonrisa de orella a orella, collerei a miña barbie favorita a que eu nunca lle prestara e lle farei un sinai para que veña o piso darriba. Apartir de agora xa nada será o mesmo porque te escribirei todolos días de mañán cediño,polas tardes e poida que ata as tantas da noite. Non sei que facer, nas películas as persoas que están mortas, non lles parace complicado estar soas, sin que ninguen os axude, nin que os escoite, nin que os poidas abrazar. Hoxe pola mañá intentei darlle un abrazo a mama, pero ela cerrou os ollos e dous lagrimóns baixaron como nunha pedente polas súas meixelas ternas.
Aínda ma cordo cando non lle quería dar bicos, agora si que me arrepinto de non darllos, síntome tan soa, co que a min me gustaba falar e agora non teño con quen, só te teño a ti para escribir, pero ti nunca me contestarás, e como falar cunha parede.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:sábado 26 de abril de 2010.
Ola, hoxe é o día máis bo que teño, se así se pudera decir. Hoxe tiven o meu enterro, foi moita xente, amigos, familiares, veciños,mestres... Xente que me quería moito e me seguirá querendo no seu corazón. Miña nai case non se tendía en pé, pero fíxoo cando viu chegar a familia de Raquel.
-Que fan aquí, non os quero no enterro da miña filla, a vosa é unha asasina, ela matóuma.
-Síntoo señora, eu non sabía que ela morrería cunha noticia tan grave.
-Xamais cho perdóarei nena, asasina.
-Vamos para adentro, non teño ganas de perder os meus folgos por estas persoas.
Os pais de Raquel non paraban de chorar, o seu pai colleuna polo brazo, e díxolle:
-Ten razón para estar así, es unha asasina, e non te quero na miña casa, marchas para un colexio de monxas, alí saberan enderezarte.
Ela non dixo nada, seguiu camiñando aat o seu coche coa cabeza gaucha.
Pablo e Sonia, sabían que morrería por iso tiñan esa cara, e meus pais aquel día da miña morte cambiaran de cara, porque xa habían asignado a miña morte, e querían estar preto de min os días que me quedaban. Gústoume o meu funeral, todos estaban pensando o mesmo:”gañouse o ceo, agora nos estara mirando dende alí”. Se supesen que eu estaba máis preto do que eles pensaban, eu estiven todo o enterro o lado da miña nai, ela non paraba de decir que notaba a miña presenza coma se eu estivese alí, e non se equivocaba, e miña irmá sabía que eu estaba alí, e quería falrme, porque saíu pola porta facendome un sinal.
-Eres Kenya, a que si.
-Si, non sabes cando esperei este momento, a que viñeses a falr conmigo.
-Non sabía como facelo, xamais o fixera antes.
-Non sabes o soa que estou, síntoo por non crerte, cando me decías que mirabas pantasmas.
-Non pasa nada, é que era difícil de crer.
-Volve para adentro que mama te está buscando.
Déume un abrazo que eu non sentín e marchou. Mama o mirala puxo cara de aliviada, agora sabía os sentimentos das persoas, e miña irmá estaba feliz por dentro aínda que estaba triste por fora, o non verme máis. Cada día vou acostumandome máis a isto de estar morta, non é traballo fácil, non é como nas películas, que atravesas paredes e podes asustar as persoas, non é como a peli de Casper, quita esa idea absurda da túa cabeza, ti fas vida normal o único que cambia e que nadie te pode ver, só aquelas persoas que teñen un sentido máis.
Hoxe aprendín a falar coa miña irmá. E mirei a toda a miña familia xunta, os meus amigos, veciños,... O que máis estrañarei e no poder bicar aqueles labios que volvíanme tola.
CHAO!!!!
QUERIDO DIARIO:domingo 27 de abril de 2010.
-Desperta María, que mama ben a darche unha boa noticia.
-Grazas por avisar, que día e hoxe?
-Non sei os nosos días son sempre iguais.
-Bos días cariño, veña arriba que hoxe temos unha boa noticia.
Alegrame que mama estivese un pouco máis contenta, era unha sonrisa engañosa, porque ela pensaba:”deus como me recorda a miña Kenya.”
E que a min o que menos me gustaba era levantarme cedo, deus como o odio.
Eu prepareille a roupa a miña irmá, e ela moi contenta foi como eu a vestira a almorzar.
-Temos que contarche unha cousa filla.
-Si cal?
-Como túa irmá maior faleceu, vamos a fabricar un irmán para ti.
-Que guai, parece que xa vos esquecestedes de Kenya.
-Non, non nos esquecemos e nunca nos esqueceremos de Kenya, pero hai que pasar páxina, e volver a ser unha familia unida e normal.
-Si claro, sobre todo unida e normal.
Miña irmá levantouse da mesa, moi molesta e marchou para o seu cuarto ese encerrou. Tiven que petar na porta para que me deixara entrar.
-Non me gusta como lle falaches a papa e a mama, pero sabes o bo de ter unha irmá nova?
-Que serei eu a maior?
-Non burra, que eu pódome meter no seu corpo.
-Non entendo pero ti verás.
Baixou a cociña de novo e falaron un rato despois María volveu subir, pero coa cabeza gaucha.
-Que pasou, segue sen gustarche a idea?
-Non e que agora queren adoptar porque mama di que ter un fillo doe moito.
-Xenial, ahi vai o meu plan a porra.
Agora xa non me podo meter no corpo da miña irmán que supostamente iba a nacer, onte esqueceuseme contarche que me metin no corpo de Sonia, e por iso hoxe a idea tiven esa idea. Bueno despidome que vou xogar as bonecas coa miña irmá.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:luns 28 de abril de 2010.
Ola, hoxe pasou algo super guai, dentro de 3 días vamos viaxar a África para mirar a nena para adoptar, no catálogo que nos mandaron mama fixouse nunha:
Chámase:Kenya, ten 12 anos, ollos castaños, pelo loiro.
Ela quere esa nena por iso dentro de 3 días xa marcharemos para ala para recollela tan pronto a vexamos me meterei no seu corpo. O malo é que Kenya bis ten 1 ano menos ca min, por iso non vou estar na misma clase que Sonia e Pablo, é unha mágoa. Hoxe viu Sonia a casa, traía unha caixa, preguntoulle a miña nai se podía entrar no meu cuarto, ela díxolle que si. Abriu a porta e mirou que todo estaba como eu o había deixado, e na mesilla de noite puxo un álbum de fotos,na miña cama puxo un peluche, o meu favorito que me había deixado o día anterior de morrer na súa casa. Despois déulle un bico o peluche e marchou. Fun a mirar naquel álbum da mesilla e non o podía crer, era o meu agasallo de cumpreanos, estaaba cheo de fotos dende moi pequenas ata ahora, tamén estaba Pablo. Na última foto estaba eu co meu traxe de ximnasia rítmica, o día que morrín uns minutos antes cando estaba co trofeo na man. Sabes o que me preguntei despois de esa foto? Donde está o trofeo que gañei?Mañá cho digo porque agora mesmo voullo preguntar a María.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:martes 29 de abril de 2010.
Ola mañan xa termina o mes e empezara a nosa viaxe, será moi divertido, ademais meus pais non terán que pagarme o viaxe, bueno si o de volta si porque como vou vir no corpo de Kenya bis. Miña irmá acaba de marchar fai 5 min, a casa de Sonia, porque ela non sabe donde foi parar o meu premio, e o mellor Sonia sabe donde está, espero que o meu premio non este nas mans de Raquel, porque o que fixo non ten perdón, penso igual ca miña nai, sabía perfectamente que o da miña enfermidade interna non a podía decir porque morrería, aínda que diga que non o sabía, todos os nenos do instituto o sabían e sen embargo ela díxomo, porque é unha celosa asquerosa. Despois volvo que acaba de chegar miña irmá, espero que me tráia boas noticias. Xa estou de volta, a que non sabes quen ten o meu trofeo, bueno colleuno Pablo antes de ir para o hospital, e cando foi o meu enterro, deixóuno na miña tumba. Agora miña nai vai todolos días a miña tumba a sacarlle brillo o trofeo e tamen a poñer flores novas. Hoxe como nadie foi con ela, fun eu, nunca vira cousa semellante había un montón de flores por todas partes, cintas que decían:”Nunca te olvidaremos”. Esta moi bonita, e o trofeo é moi bonito, case non o recordaba da primeira vez que o vira, tampouco tiven moito tempo. O peor de ser unha pantasma respeto a moda, é que non te podes cambiar de roupa, e ando co meu traxe de ximnasia rítmica, menos mal que é cómodo que se non... Podo comer e sempre me sento a cear coa miña familia, aínda que non me vexas, eles ensináronme dende pequena que nas horas das comidas había que estar todos unidos en familia, e así o fago.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:30 de abril de 2010.
Ola, nunca viaxei en avión, hoxe é a primeira vez, levo comido non sei cantos chicles, estaba sentada ao lado de María, e levaba as súas maletas enrriba miña para que as persoas non se sentasen encima miña, o que me faltaba por aturar, agora estamos nun hotel de 5 estrellas, ten piscina, un baño cunha ducha de hidromasaxes...dentro de uns minutos marcharemos a casa donde estan os nenos e nenas sen familias, esta nun pobo pequeno agora mesmo vamos a marchar para alá, levaranos unhas 2 horas según mama.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:1 de abril de 2010.
Perdoame pero onte xa non puiden escribir máis, verás despois de meterme no corpo da nena, a estatura cambiou e tamén os ollos.
-Ola Kenya, somos os teus novos pais, e está e túa irmá María.
-Ola.
-Non era que tiñas os ollos castaños?
-Non señora, devéronse confundir no catálogo, sempre os tiven azuis.
-Entón cada vez te pareces máis a miña Kenya.
Contáronlle toda a historia, bueno contáronme toda a historia que me había pasado, así tuven oportunidade de enterarme de cousas que non sabía.

FURIA, O CABALO QUE QUERÍA SER EGUA.

Esta historia comezou cando só tiañ 12 anos. Pensaba que era filla única pero me equivicaba.O primer día de clases de montar a cabalo, a coñecín.
-Quen es ti?
-Non quen es ti, por que te pareces tanto a min?
-So ahi unha resposta que 100% sexa real, que nos sexamos xemelas.
-Non pode ser, a ningunha das dúas nos dixeron que tiñamos unha irmá.
-MIra este é o meu pai.
-Mira a miña nai.
-Non tes pai?
-Non miña nai sempre me dí que só a teño a ela.
-O mesmo dí o meu pai.
-Por certo eu chámome Anabel, e ti?
-Eu son Marisa, gustaríame mogollon conocer o meu pai.
-E eu a miña nai.
-Xa sei e se eu son ti, e ti eres eu?
-Vale, veña cambiémonos, pero teraste que cortar o pelo coma min.
Nos viñeron a buscar os nosos pais, solo tiñamos 2 días para coñecelos.
-Cariño, cortáches o pelo?
-Si, colgeui clases e fun cortalo.
Aquel era o meu pai, co que sempre había soñado.
Mentres tanto:
-Vamos que chegamos tarde a clases de piano.
-Deus eu iso non sei tocalo-pensaba para min.
Cando chegamos mama tiña o seu coche aparcado, e o noso parou detrás do dela, agora todo se ía descubrir.
-Bueno vemos que xa vos coñecedes.
-Si, cando no lo ibades contar.
-Hoxe, pero como xa miramos que vos coñecedes...
-Parecedesvos a un conto infantil da nosa infancia"Furia, o cabalo que quería ser egua" neste caso Anabel quere ser Marisa,e Marisa quere ser Anabel, jajajaja.
Mama e papa volvéronse casar por segunda vez, e agora somos o dúo de "Furia, o cabalo que quería ser egua".

A SEÑORA BIXBY E O ABRIGO DO CORONEL.

Ola chámome Marisa teño 12 anos. Vouvos contar a historia de como a Señora Bixby, a nosa veciña lle colleu o meu irmán pequeno o abrigo dun dos seus coroneis de xoguete. A nosa veciña é moi mala cos nenos se podería dicir que non lle gusta, e aos nenos tenlles prohibido pisar o seu xardín.
O fin de semana pasado facía moi bo tempo e miña nai mandounos ir xogar fora. E para non variar eu tiven que estar co meu irmán. Estaba tan contenta falando polo teléfono coa miña mellor amiga cando...
-MARISA!!!!!
Era o meu irmán non sabía onde estaba pero o que si sabia e que estaba chorando. Cando o encontrei estaba alí tirado no xardín da Señora Bixby, chorando desconsoladamente.
-Pero Raúl que che pasou, por que choras?
-Non me quere devolver o coronel.
Eu mirei cara a ventá e ela estaba alí, mirando como o meu irmán choraba.Peteille na porta.E cando me abriu...
-Ola, poderíame dar o boneco do meu irmán, por favor?
-Non, caeu no meu xardín e o que está na miña propiedade é meu.
-Pero é o meu coronel!
-Cala neno, que por moito que chores non te devolverei o teu coronel.
-Pero como pode ser tan mala persoa señora.
Ela cerroume a porta nas narices, e meu irmán volveu a comezar a chorar.
-Tranquilo xúroche polo meu nome, que te recuperarei o teu coronel.
-Vale, pero cando?
-Pois cando sexa, non me veñas a dar apuro que se non xa non fago nada.
-Pois entón, lle direi a mama que por non atenderme o meu coronel foi parar o xardín da veciña.
-Este neno do demo sabe ben en onde doe.Pensei para os meus adentros. Dacordo, dacordo a ver esta mesma tarde, iremos a casa da veciña cunhas flores para que nos devolva o teu coronel.
-Vale pero as flores collelas ti.
E marchou deixándome alí soa.
Pola tarde fun toda equipada con unhas bonitas flores que me custaron a paga dun mes enteiro.
-Boas tardes señora Bixby, me podería atender un momento.
Estaba no seu xardín plantando unhas flores, pareceume enton que había acertado co regalo.
-Esas flores son para min?.
-Si, tome.
-Pero se son moi bonitas, nunca as tiven é que son moi caras sabes?
-Xa, a verdade e que o son.
-Supoño que quererás algo a cambio verdade?
-Si señora, gustaríame que me devolvese o coronel do meu irmán.
A señora meteuse na súa casa, estivo un bo rato alí metida, e cando saíu sacou do seu bolsillo o coronel.
-Grazas señora, moitas grazas.
-Marchei toda contenta para casa, e dinllo o meu irmán.
Botouse a chorar outra vez.
-Pero agora que che picou.
-Fáltalle a roupa.
-Esa vella estafoume.
Atravesei a carreteira sen mirar ía demasiado cabreada, cheguei a súa casa e ali a estaba plantando as flores que eu lle había dado.
-Estafoume, e a veciña máis estafadora que tiven.
-Mira nena, eu non te estafei.
-Como que non dechesme o coronel, pero dechesmo espido.
.Si pero o coronel sigue sendo o coronel.
Marchei a casa e cando cheguei fun xunta miña nai a cociña.
-Mama se roubo algo por unha boa causa, sería malo?
-Sí.
-Pero é por unha boa causa.
-Marisiña que nos coñecemos non me vaías facer unha das tuas que te mando a un colexio de monxas.
Con iso deuse terminado a conversacion, odio os colexios de monxas.
-Irmán teño pensado unha cousa que a veciña lle vai facer mal.
-Eu con total de ter o meu coronel vestido, que non me gusta como vai agora.
-Pero que queres que lle faga solo teño roupa da miñas barbies ademais o vestido de Blancaneves quedalle moi ben.
Pola tarde cando a señora Bixby foi a dar o seu paseo funlle o seu xardín e arranqueille todas as flores que tiña e púxenas a vista de todos no meu xardín. Deixenlle unha nota.

SE QUERES VOLVER A VER AS TUAS PLANTAS SOLO TES QUE VIR MIRAR O XARDÍN DOS TEUS VECIÑOS.
As 4:30 cando volveu do seu paseo moi asustada veu mirar o noso xardín e cando a mirei que iba a pisalo pasei a accion.
-Ola señora Bixby, como lle vai?
-Roubachesme as miñas plantas.
-Deveras non me había dado conta.
-Tal vez podamos chegar a un acordo, eu douche toda a roupa, e ti me das as miñas plantas.
Pechamos o trato e cando meu irmán todo tranquilo iba a poñerlle a roupa o coronel, dixome:
-Esa señora volveute a estafar.
-Pero que dis e agora que falta?
-O abrigo do coronel.
-Esa señora deve ser aliada do mismísimo demo.
Fun a súa casa collinlle o bastón e marchei para a miña casa con él. Deixenlle outra nota.
SE QUERES VER O TEU BASTÓN SEÑORA BIXBY SOLO TES QUE IR A CASA DOS TEUS VECIÑOS. TRAE O ABRIGO DO CORONEL.
-Devolveme o meu bastón nena.
-Non devolvame o abrigo do coronel.
-E o sombreiro tamen-dixo meu irmán.
-Toma pero, o abrigo eu non o teño.
-Que pasa aqui?
-A túa filla rouboume o meu bastón.
-Marisa devolvello.
-Non diso nada, devolvame vostede o abrigo e o sombreiro do coronel do meu irmán.
-Xa cho dixen nena que eu nin o sombreiro nin o abrigo os teño.
-Mentira.
-Verdade, filla e que o sombreiro e o abrigo estan na lavadora porque esta tarde o mirei no xardín manchados e os lavei.
-Ves nena, bueno chao.
A señora Bixby marchou e soa quedei alí cargando con toda a culpa menos mal que meu irmán contoulle toda a historia e miña nai non me mandou o colexio de monxas, por que defendín o meu irmán.

jueves, 10 de junio de 2010

A MIÑA GATA BRANCA

Fai algunhas semans que paseando pola rúa, encontreime cunha caixa misteriosa. Abrina e alí estaba ela, unha gata branca, pequena miañando seguido, smepre quixen ter unha gata branca, así que sen pensalo dúas veces, collina e leveina para casa. Cando verdadeirame nte o pensei dúas veces é cando estaba diante da porta, pensaba para min:
-Kenia fisechela boa,agora donde vai durmir? Vaille gustar a mama?
Nese momento unha voz fina salía do garaxe.
Kenya cariño, vou saír un momento, pórtate ben, chao.
-Chao mama!
Entrei na casa a toda velocidade, e foi mala sorte, que me encontrei con Sabela no pasillo, para entrar no meu cuarto.
-Kenya, iso é un gato?
-Cala, e entra no meu cuarto, en silencio.
Ela detrás miña coa boca pechada seguíume.Sabela ten sete anos, está en 1º de primaria, e é unha cheiricas.
-Sabela, como lle digas algo da gata a mama, eu dígolle a ela quen lle rompeu o xarrón que lle regalou a avoa.
-Vale irmá, eu non lle digo nada, pero tampouco tiña pensarllo decirllo gústanme os gatos.
-Si vale será o noso segredo, ala chao.
Na parde ahi un trozo para afora e alí podía gardar cousas, metín a Branca porque por alí cerca o calor da cheminea subía e daba moito calor, así se mantería quentiña. Fíxen os deberes mentres ela durmía ata que interrumpiu o silencio.

-Kenya, podo entrar?
-Si, pasa que queres?
-Tróuxenche algo para beber para a gatiña é leite díxome ensinandome a cunca.
-Agora está durmindo, Sabela fasme un favor.
-Si, pero e que vas saír?
-Sí, teño que ir a biblioteca, a coller un libro, cúidama por favor.
-Si, podes ir tranquila.
Cando collín o libro e marchaba para casa despois da biblioteca, mama encontróume e levoume para casa.Mentres,na casa casa, Sabela deíxaba saír da garida a gata. E cando chegamos, co medo a que lle botara bronca meteuna rápido na garida edixando a porta mal cerrada.Xa era de noite porque miña nai falou cunhas amigas no camiño e se nos pasou a tarde voando.
-Kenya deixa o libro e o abrigo, que agora mesmo vamos cear, déixao no salón.
Cando me dispoñía a cear unha cousa peluda, fíxome coxegas debaixo da mesa. Fíxome moitas coxegas tantas que a sopa que tiña na boca aterrizou no centro da mesa.
-Kenya que fas? Para de facer parvadas e deixa de facerme cosquillas nas pernas.
Branca estaba debaixo da mesa, facéndolle coxegas a todas as persoas presentes.
-Ahhh!!!
Mama botouse a berrar e cando pensaba que todo se me viña enriba dixo:
-Mira que bonita deveu de entrar da rúa.
-Que bonita, podíamonola quedar non cres cariño.
Con estas últimas palabras de papa nos quedamos con Blanca, e nunca xamais a verda saldra a luz.

jueves, 3 de junio de 2010

GONZALO MOURE

Naceu en Valencia en 1951.
Estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid.
Traballou como periodista entre 1973 e 1989. Fundamentalmente na radio. Deixóuno e é director dunha emisora de radio.
Tamén en prensa, prensa especializada da música popular, televisión(como guionista) e publicidade.Escribe dende 1989. O primeiro libro publicado:GERANIUM,1991(Alfaguara.
Actualmente dispoñible en Alianza Editorial, personalizado en 2005.
Fai charlas nas bibliotecas,clubs de lectura,colexios e institutos.
Interven en diversos congresos de Literatura Infantil e xuvenil en España e fora dela.
"OS CABALOS DO MEU TÍO", "EL SÍNDROME DE MOZART", "EL BESO DEL SAHARA","PALABRAS DE CARAMELO","LA NOCHE DE RISON"...Son unas pocas de sus obras.