sábado, 12 de junio de 2010

A SEÑORA BIXBY E O ABRIGO DO CORONEL.

Ola chámome Marisa teño 12 anos. Vouvos contar a historia de como a Señora Bixby, a nosa veciña lle colleu o meu irmán pequeno o abrigo dun dos seus coroneis de xoguete. A nosa veciña é moi mala cos nenos se podería dicir que non lle gusta, e aos nenos tenlles prohibido pisar o seu xardín.
O fin de semana pasado facía moi bo tempo e miña nai mandounos ir xogar fora. E para non variar eu tiven que estar co meu irmán. Estaba tan contenta falando polo teléfono coa miña mellor amiga cando...
-MARISA!!!!!
Era o meu irmán non sabía onde estaba pero o que si sabia e que estaba chorando. Cando o encontrei estaba alí tirado no xardín da Señora Bixby, chorando desconsoladamente.
-Pero Raúl que che pasou, por que choras?
-Non me quere devolver o coronel.
Eu mirei cara a ventá e ela estaba alí, mirando como o meu irmán choraba.Peteille na porta.E cando me abriu...
-Ola, poderíame dar o boneco do meu irmán, por favor?
-Non, caeu no meu xardín e o que está na miña propiedade é meu.
-Pero é o meu coronel!
-Cala neno, que por moito que chores non te devolverei o teu coronel.
-Pero como pode ser tan mala persoa señora.
Ela cerroume a porta nas narices, e meu irmán volveu a comezar a chorar.
-Tranquilo xúroche polo meu nome, que te recuperarei o teu coronel.
-Vale, pero cando?
-Pois cando sexa, non me veñas a dar apuro que se non xa non fago nada.
-Pois entón, lle direi a mama que por non atenderme o meu coronel foi parar o xardín da veciña.
-Este neno do demo sabe ben en onde doe.Pensei para os meus adentros. Dacordo, dacordo a ver esta mesma tarde, iremos a casa da veciña cunhas flores para que nos devolva o teu coronel.
-Vale pero as flores collelas ti.
E marchou deixándome alí soa.
Pola tarde fun toda equipada con unhas bonitas flores que me custaron a paga dun mes enteiro.
-Boas tardes señora Bixby, me podería atender un momento.
Estaba no seu xardín plantando unhas flores, pareceume enton que había acertado co regalo.
-Esas flores son para min?.
-Si, tome.
-Pero se son moi bonitas, nunca as tiven é que son moi caras sabes?
-Xa, a verdade e que o son.
-Supoño que quererás algo a cambio verdade?
-Si señora, gustaríame que me devolvese o coronel do meu irmán.
A señora meteuse na súa casa, estivo un bo rato alí metida, e cando saíu sacou do seu bolsillo o coronel.
-Grazas señora, moitas grazas.
-Marchei toda contenta para casa, e dinllo o meu irmán.
Botouse a chorar outra vez.
-Pero agora que che picou.
-Fáltalle a roupa.
-Esa vella estafoume.
Atravesei a carreteira sen mirar ía demasiado cabreada, cheguei a súa casa e ali a estaba plantando as flores que eu lle había dado.
-Estafoume, e a veciña máis estafadora que tiven.
-Mira nena, eu non te estafei.
-Como que non dechesme o coronel, pero dechesmo espido.
.Si pero o coronel sigue sendo o coronel.
Marchei a casa e cando cheguei fun xunta miña nai a cociña.
-Mama se roubo algo por unha boa causa, sería malo?
-Sí.
-Pero é por unha boa causa.
-Marisiña que nos coñecemos non me vaías facer unha das tuas que te mando a un colexio de monxas.
Con iso deuse terminado a conversacion, odio os colexios de monxas.
-Irmán teño pensado unha cousa que a veciña lle vai facer mal.
-Eu con total de ter o meu coronel vestido, que non me gusta como vai agora.
-Pero que queres que lle faga solo teño roupa da miñas barbies ademais o vestido de Blancaneves quedalle moi ben.
Pola tarde cando a señora Bixby foi a dar o seu paseo funlle o seu xardín e arranqueille todas as flores que tiña e púxenas a vista de todos no meu xardín. Deixenlle unha nota.

SE QUERES VOLVER A VER AS TUAS PLANTAS SOLO TES QUE VIR MIRAR O XARDÍN DOS TEUS VECIÑOS.
As 4:30 cando volveu do seu paseo moi asustada veu mirar o noso xardín e cando a mirei que iba a pisalo pasei a accion.
-Ola señora Bixby, como lle vai?
-Roubachesme as miñas plantas.
-Deveras non me había dado conta.
-Tal vez podamos chegar a un acordo, eu douche toda a roupa, e ti me das as miñas plantas.
Pechamos o trato e cando meu irmán todo tranquilo iba a poñerlle a roupa o coronel, dixome:
-Esa señora volveute a estafar.
-Pero que dis e agora que falta?
-O abrigo do coronel.
-Esa señora deve ser aliada do mismísimo demo.
Fun a súa casa collinlle o bastón e marchei para a miña casa con él. Deixenlle outra nota.
SE QUERES VER O TEU BASTÓN SEÑORA BIXBY SOLO TES QUE IR A CASA DOS TEUS VECIÑOS. TRAE O ABRIGO DO CORONEL.
-Devolveme o meu bastón nena.
-Non devolvame o abrigo do coronel.
-E o sombreiro tamen-dixo meu irmán.
-Toma pero, o abrigo eu non o teño.
-Que pasa aqui?
-A túa filla rouboume o meu bastón.
-Marisa devolvello.
-Non diso nada, devolvame vostede o abrigo e o sombreiro do coronel do meu irmán.
-Xa cho dixen nena que eu nin o sombreiro nin o abrigo os teño.
-Mentira.
-Verdade, filla e que o sombreiro e o abrigo estan na lavadora porque esta tarde o mirei no xardín manchados e os lavei.
-Ves nena, bueno chao.
A señora Bixby marchou e soa quedei alí cargando con toda a culpa menos mal que meu irmán contoulle toda a historia e miña nai non me mandou o colexio de monxas, por que defendín o meu irmán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario