sábado, 12 de junio de 2010

DIARIO DUNHA PANTASMA

QUERIDO DIARIO:luns 5 de abril de 2010
Ola chámome Kenya, son unha nena normal, que ten 12 anos. Xa terminou o verán e agora empezo 1º da E.S.O estou moi nerviosa. Xa mañan empezará o instituto irei en coche coas miñas mellores amigas, pero só o primeiro día os demais iremos en autobús. Hoxe pola tarde marcharemos o circo que hai no pobo, para despedir o último día das vacacións. Non sei que poñerme porque el tamén vai.
Chámase Pablo é rubio de ollos azuis, e un soriso moi bonito que o fai aínda máis guapo do que é. Eu creo que tamén lle gusto, pero é tímido coma min e non se atrevera a decirmo nunca, oxala tivese poderes para botarlle un conxuro para que me dixera todo o que sinte por min. Bueno voume que as mozas acaban de chegar e xa suben as escaleiras impacientes para marcharemos.
CHAO!!!!! MUITOS BKS


QUERIDO DIARIO:luns 5 de abril de 2010
Ola de novo solo che escribo para que sepas o que me pasou no circo, foi xenial, había un pouco de todo de camelos ata osos panda, son adorables. Despois de saír nos acercamos ata o parque, comprámonos un xeado, e como cabras baixamos para debaixo dunha ponte a remollalos pes na auga, estaba conxelada.
As nosas nais tíñamnos que vir buscar así que na estación de autobuses esperamolas. Unha a unha foron marchando, e só quedábamos eu mais el, o meu rubio de ollos azuis. Cunha charla que non viña a conto, colleu e díxome que se mañan se quería saír con el, despois do colexio para ir o cine. Eu acepetei encantada. Despois dun rato chegou miña nai coa pesada da miña irmá no asento traseiro. Despedínme del, e miña nai arrancou aquela chatarra vella que tíñamos por coche. Enton a cotilla empezou a entrevistarme como era de costume.
-Quen é ese? É o teu noivo? Como se chama?
-Querida monstruo, a miña vida nin che ven nin che vai así que cala a boca.
-Mama, mandoume calar!!!!!!
-María, aprende a non meterte na vida da túa irmá, e cala a boca.
Asomei a cabeza polo asento de atrás e ensinandolle a lingua :
-Chúpate esa canija.
Cando cheguei a casa morría con contarllo a alguen asi que tomen asento un bolígrafo e púsenme a escribir en ti, pero agora teño que contarllo as miñas amigas antes de ir cear.

CHAO!!!!!!!!!!!!


QUERIDO DIARIO:martes 6 de abril de 2010.
A que non sabes, hoxe teñoche unha cousa moi gorda que contárche, sabes que onte dixenche que sería hoxe o meu primeiro día de insti pois.... a que non sabes en que clase me tocou? Con duas das miñas mellores amigas na clase de 1ºB, e aínda por enriba tocoume co meu rubiño. Cambiando de tema, a cita foi perfecta miramos a pelicula da Saga Crepúsculo ´´LUNA NUEVA´´. Invitoume a un batido de fresa e ali díxome todo o que eu sospeitaba. Agora somos noivos.
Esperei este momento xa fai non sei cantos anos e agora que o conseguín síntome a nena máis feliz do mundo. Hoxe cearemos fora nun restaurante de luxo, xa que ao meu pai lle fixeron un ascenso grandísimo, xa era hora el era moi bo. Agora é axudante do xefe, o que el sempre quixo, estou moi orgullosa del.
A miña irmá María dí que mira espíritus é unha estupidez. Miña nai dí que se inventa tantos amigos imaxinarios que ninguen máis que ela pode mirar e pensa que son espíritus. Eu nunca serei capaz de crerllo e unha mentira moi gorda e cada vez que a dí meu pai cabrease e a castiga, eu non o comprendo se non é verdade porque a castigan porque se incomodan tanto co tema, a veces creo que pode ser certo pero meus pais neganse a realidade.
Teñome que ir mañan seguimos con este tema.
CHAO!!!!!!!!!





QUERIDO DIARIO:mércores 7 de abril de 2010
Hoxe pasou unha cousa no colexio moi inesperada botaron a un mago que lía a túa man fora do instituto por min. Estibolle moi ben, sabes o que me dixo?
Que nun momento de abril iba morrer. Con esas cousas non se xoga é un tema moi serio. Miña nai estaba moi cabreada cos profesores, pero eu a tranquilizei diante da directora. Non era culpa dela, que iba ela a saber que o mago me iba a decir esa cousa horrible. Deuse de conta cando llo contei que dixo que non había pasado nada, pero que non quería que papa o supese que o mellos lle afectaba.
Non quero que meu se disguste non lle conven a verdade está moi mal do corazón calquera tema moi forte podíalle facer mal e levalo incluso ata a morte.
Hoxe non teño ganas de falr moito nin falei no recreo coas miñas mellores amigas que son moi de confiar.Voume aquí escribindo xa non fago nada.
CHAO!!!!!!




QUERIDO DIARIO:xoves 8 de abril de 2010.
Ola hoxe xa teño un problema e dos grandes, acordaste cando che contei que había hido o circo?. Pois resulta que había mentido os meus pais, lle dixen que estaría coas miñas amigas por Gondomar, e logo a escondidas marchei o circo. Te estaras preguntando por que che estou a contar isto pois porque hoxe meu pai comprou 4 entradas para ir. En menudo lio estou metida, agora como me recoñeza alguen que traballa alí... xa non sabría que facer. Xa teño as maletas feitas porque vou marchar xunta a avoa unha boa temporada, e mira que é o peor castigo que poida ter unha nena da miña idade. A avoa faiame facer cousas das que cada día as odio máis un exemplo: fai o té para as súas amigas e para ella e por suposto a súa “NENIÑA DE PELO DE OURO” tamen, o que unha ten que aturar. Bueno voume.

CHAO!!!


QUERIDO DIARIO:xoves 8 de abril de 2010.
Hoxe está declarado o peor día do mes. A que non sabes donde estou? Pois en Povisa o médico de Vigo, estou ingresada por un golpe na cabeza moi forte. Foi todo no circo pasou así tal cual:
-A quí ten as entradas
-Eu a ti nena sóame a túa cara de verte, non viñeras por aquí fai uns días?
-Non!!!! Confúndeste de persoa.
-Bueno,vale que disfruten do circo.
Xa cria que me daba un infarto ali mesmo. Pero non acaba aquí, non logo sigue pero non para ben, se non para aínda peor. Sentámonos todo estaba saíndo ben ata que...
-Necesito un voluntario ou voluntaria que ronde os 12 anos.
Meus pais me miraron eu a eles deilles un sinal de que eu non iba nin de broma. Meu pai levantou o brazo e en voz alta dixo:
-Mi hija se ofrece.
Tiven que baixar e maldita na hora en que o fixen. Levoume xunto os delfíns e presentoume a un deles chamábase Saltarín agora sei ben por que o seu nome Saltarín. Xusto cando estaba a saltar o mamífero deu tal salto que me salpicou completamente, o intentar camiñar resbaloume o pe e caín a piscina dandome un forte golpe contra a esquina da piscina. Desde ahi non recordo nada dixéronme que me sacaron da piscina e me levaron en ambulancia ata Urxencias en Ramallosa.Agora me dixeron que dentro de unha semana podería marchar para casa, porque aínda me tiñan que facer unhas cantas radiografías máis.
CHAO!!!!!

QUERIDO DIARIO:venres 9 de abril de 2010.
Ola, déronme o alta e agora estou xa na casa, prométome a min mesma que xamais volverei a un hospital. Sonia a miña mellor amiga acaba de vir a traerme os deberes, e agora mesmo fai uns minutos marchou, tiñamos que ir as dúas a ximnasia rítmica, pero polo maldito golpe agora non podo facer nada. Sonia díxome que Pablo, esta tarde me iba vir ver, estou super contenta. Os meus pais están agora moi pendentes de min, non me deixan 5 minutos soa. Pareceme ben pero, teñenme que deixar respirar. Miña nai desgustouse moito, e agora para non deixarme soa polas mañás, contratou a unha niñera, e moi simpática, chámase Bea e ten 19 anos. É moi noviña, pero ella ten maña para os nenos, porque para aturar a unha que eu sei...María é moi cruel a veces hoxe reñimos entre nos e ela deume un golpe na cabeza, na parte que teño mal. Mama rifóulle e díxolle que se me volvía pegar, que a mandaba para a casa dos avos. Mañá volverei a o hospital, porque me dan mareos e ata me chego a desmaiar, e pode que sexa algo interno, e as enfermidades internas poden chegar a matar. Xa chegou, mañan cóntocho todo o que pase.

CHAO!!!


QUERIDO DIARIO:sábado 19 de abril de 2010.
Como te prometin aquí estou de novo, para contarche todo o que pasou onte.
Foi xenial entrou cunha rosa na man no meu cuarto, todo galan.
-Ola como estas?
-Ben, gracias por vir verme.
-Non e nada muller, toma isto é para ti.
-Gracias, mmm que ben cheira.
-Si, a túa veciña coleciona unhas rosas moi lindas, como ti.
Encantóume esa parte, é que é a persoa máis riquiña dos nenos do instituto que coñezo. Pero, logo chegou a parte que todavía apasiona máis.
-Bueno non creo que solo viñeras a preguntar como estou e a traerme esta rosa, non é certo?
-Non, non te equivocas, veras e que non sei como decircho.
-Dime, soltate eres un dos meus mellores amigos.
-Kenya, quererías... xa sabes … salir conmigo?
-Sí.
Entonces bicoume, foi fantástico, e agora son super feliz.Agora me ven visitar Sonia que onte chameina para darlle a noticia.
CHAO!!!!!
QUERIDO DIARIO:domingo 20 de abril de 2010.
Dentro de pouco cumprirei o anos 13, sera o 24 de abril e esperemos que esta cabeza tola cure rápido porque non me gusta nada estar tirada non sofá do salón e non facer nada. Mañán teño que ir o hospital, xa sabes polo dos mareos e todo ese rollo. Non sei pero dame un presentimento que vai ser algo malo. Miña nai, non pega ollo dende que pasou o que pasou, non sei, porque se preocupa tanto, debe de ser o seu presentimento materno, ese que teñen todas as nais.
Meu pai non esta tan tocado polo tema, a verdade e que case nunca esta conmigo pasa máis tempo co ordenador que conmigo, sabendo que eu agora o necesito máis ca nunca. Onte pasou por diante do meu cuarto e pasou de largo sen darme nin as boas noites como soía facer antes do acidente. Non sei as persoas dende que tiven o acidente comportanse de forma extraña. Papa creo que lle afectou bastante o tema e por iso non quere verme.

CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:luns 21 de abril de 2010.
Hoxe fumos a consulta do médico, fixéronme radiografías,analises,... e moitas cousas máis super raras. Cando me estaba cambiando nunha sala, miña nai falaba co médico, non sei que lle diria pero cando eu entrei, a conversa aínda que quixeran desimulalo non puíderon cambiou de tono.
-A nena esta en perfecto estado, os mareos seran de tanto sangue que perdou no impacto, porque túa nai non cho dixo, pero perdeches nese golpe moito sangue e agora debe ser o motivo de estar tan dévil.
Foi algo moi forte para a miña nai o que lle tivo que decir o médico antes de que eu chegara porque en todo o camiño non dixo nada. O peor non foi iso, miña nai non dixo nada en absoluto ata que meu pai chegou a casa. Sei que algo extraño esta a pasar, meu pai despois de que miña nai se encerrase con el no seu cuarto, non me dirixiu a mirada en toda a cea.
-Perdoade, non teño fame.
Levantóuse da mesa chorando e marchou seguido da miña nai.
-Pero non estabas ben?
-Si, ou iso creo, nadie confía en min, non existo.
Miña irmán quedou soa ceando na mesa.
E agora estou aquí encerrada e non vou saír ata mañan xa que agora podo ir o instituto. Voume acostar, boas noites.
CHAO!!!!


QUERIDO DIARIO:martes 22 de abril de 2010.
Parece que só e na casa en donde ahi un ambiente tenso, destes que che fan un no na gorxa, que non te deixa falar. Aquí no instituto todos me tratan igualca antes do suceso. Os mestres cando me dan mareos veñen amarrarme, e sempre me gritan fan asi:
-KENYA, ESTAS BEN KENYA CONTESTAME.
Fan coma se estivese a punto de caer por un precipicio.
Pablo agora está do máis atento conmigo se me mareo non duda en collerme no colo e levarme ata a clase. Sonia, é a única que me mira diferente que os demais, como me mira miña nai aínda que intente facerse a distraída, e tamén Pablo me mira así, cunha sonrisa disfrazada de tristeza, aínda que os dous intenten quitarse ese rostro das súas caras, ambos non con capaces, e agora mesmo temo o peor. Sen que son os meus mellores aigos e que o mellor estan preocupados porque em pase calquera cousa, ou pola contra miña nai lles contou o que toda a miña familia sabe e me oculta, unha mirada vale máis que mil palabras.

CHAO!!!!

QUERIDO DIARIO:mércores 23 de abril de 2010.
Ola, cada día síntome máis cansada, pero hoxe non te vou contar as miradas e caras que me poñen os meus familiares e os meu amigos, porque enton non podería máis. Estaba hoxe na clase de ximnasia rítmica cando a mestar fíxonos a todas unha proba, e eu como non son menos tíven aque facer tamén.
Foi chámandonos de unha en unha e decindo en alto as nosa notas e o porque das notas.
-Kenya Domínguez.
-Si.
-9, porque a mariposa non esta como a de fai xa 2 días.
-Grazas.
-Raquel Benítez.
-Si.
-7-8, depende por como siga o teu comportamiento, e che digo o mesmo ca Kenya a mariposa podía estar tan limpia como a de fai 2 días.
-Si claro, pero a ela poslle mellor nota, porque ela tivo ese acidente e esta a punto de...
-Xa vale Raquel, agora tes un 6 e quero falar cos teus pais xa.
-Estou a punto de que?
-De nada Kenya, son celos da túa compañeira, e nada máis de que te teñas que preocupar.
Sabes, non estou tan segura de que fosen celos, eu creo que é algo serio.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:xoves 24 de abril de 2010.
Por fin xa é o día, hoxe todos actuaron con normalidade meu pai e miña nai non foron traballar quedaron conmigo, porque hoxe teño un concurso de ximnasia rítmica como podería celebrar de mellor forma o meu cumpreanos?
Pablo e Sonia van estar alí para apollarme dende as gradas xunto cos meus pais e María, que hoxe me miraron a cara, contentos e moi agradables.
Teñome que ir porque a toda mecha me visto para marchar o insti.
CHAO!!!.
QUERIDO DIARIO:xoves 24 de abril de 2010.
Non,non e non o meu día feliz convertíuse no meu último día que paso entre os vivos, como non o averiguei antes, meus amigos, meus pais, miña irmá TODOS son uns traídores, todos menos Raquel.
-Benvidos o concurso 2010 de ximnasia rítmica.
Así empezou o meu tormento.E así seguiu.
-Agora se dira o nome da gañadora deste concurso 2010.
-Que nervios a este paso morro.
-É Kenya!!!!!!!!
-Son a nena máis feliz de...
-Non eres nada non te mereces nada, para que gañas ti se vas morrer en menos dun mes.
Soaron abucheos e tiraron a pista vasos de refrescos de todo tipo. Mirei para os meus pais, ambos choraban desconsoladamente igual que Pablo e Sonia. Solo recordo o seguinte, derrotada por as miñas forzas caín na pista, e nunca xamais me volvin levantar ata as 7 e media da tarde. Me levantei confusa porque estaba ergueita pero o meu corpo estaba tirado na cama e cun pitido repetitivo :piiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii.Todos estaban alí chorando e agora as enfermeiras os botaban fora da habitación. Comprendino todo, estaba morta.
Dende fora estaba María.
-Mama está ahi de pé, está ergueita.
-Calate, non digas tonterías.
María tiña razón, sentínme como unha estupida, como non a creín dende o primeiro momento en que dixo que ela miraba espíritus. Agora non me sentía soa tiña a María, ela mírame seguro que me axudará. Agora e a miña única esperanza para non estar soa neste mundo dos vivos.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:venres 25 de abril de 2010.
Nadie me escoita e só me sinten cando estou moi preto a eles e sinten un leve calafrío. María aínda non sabe se falarme ou se non, que eu sepa cando nos decía que miraba pantasmas, nunca dixera que falaba con eles, ou iso creo.
Non sei se empearlle eu a falar, pero se a asusto nunca máis se me volverá a hacercar e eu agora, non é o que quero. Así que xa o teño pensado é que pondrenlle miradas cunha sonrisa de orella a orella, collerei a miña barbie favorita a que eu nunca lle prestara e lle farei un sinai para que veña o piso darriba. Apartir de agora xa nada será o mesmo porque te escribirei todolos días de mañán cediño,polas tardes e poida que ata as tantas da noite. Non sei que facer, nas películas as persoas que están mortas, non lles parace complicado estar soas, sin que ninguen os axude, nin que os escoite, nin que os poidas abrazar. Hoxe pola mañá intentei darlle un abrazo a mama, pero ela cerrou os ollos e dous lagrimóns baixaron como nunha pedente polas súas meixelas ternas.
Aínda ma cordo cando non lle quería dar bicos, agora si que me arrepinto de non darllos, síntome tan soa, co que a min me gustaba falar e agora non teño con quen, só te teño a ti para escribir, pero ti nunca me contestarás, e como falar cunha parede.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:sábado 26 de abril de 2010.
Ola, hoxe é o día máis bo que teño, se así se pudera decir. Hoxe tiven o meu enterro, foi moita xente, amigos, familiares, veciños,mestres... Xente que me quería moito e me seguirá querendo no seu corazón. Miña nai case non se tendía en pé, pero fíxoo cando viu chegar a familia de Raquel.
-Que fan aquí, non os quero no enterro da miña filla, a vosa é unha asasina, ela matóuma.
-Síntoo señora, eu non sabía que ela morrería cunha noticia tan grave.
-Xamais cho perdóarei nena, asasina.
-Vamos para adentro, non teño ganas de perder os meus folgos por estas persoas.
Os pais de Raquel non paraban de chorar, o seu pai colleuna polo brazo, e díxolle:
-Ten razón para estar así, es unha asasina, e non te quero na miña casa, marchas para un colexio de monxas, alí saberan enderezarte.
Ela non dixo nada, seguiu camiñando aat o seu coche coa cabeza gaucha.
Pablo e Sonia, sabían que morrería por iso tiñan esa cara, e meus pais aquel día da miña morte cambiaran de cara, porque xa habían asignado a miña morte, e querían estar preto de min os días que me quedaban. Gústoume o meu funeral, todos estaban pensando o mesmo:”gañouse o ceo, agora nos estara mirando dende alí”. Se supesen que eu estaba máis preto do que eles pensaban, eu estiven todo o enterro o lado da miña nai, ela non paraba de decir que notaba a miña presenza coma se eu estivese alí, e non se equivocaba, e miña irmá sabía que eu estaba alí, e quería falrme, porque saíu pola porta facendome un sinal.
-Eres Kenya, a que si.
-Si, non sabes cando esperei este momento, a que viñeses a falr conmigo.
-Non sabía como facelo, xamais o fixera antes.
-Non sabes o soa que estou, síntoo por non crerte, cando me decías que mirabas pantasmas.
-Non pasa nada, é que era difícil de crer.
-Volve para adentro que mama te está buscando.
Déume un abrazo que eu non sentín e marchou. Mama o mirala puxo cara de aliviada, agora sabía os sentimentos das persoas, e miña irmá estaba feliz por dentro aínda que estaba triste por fora, o non verme máis. Cada día vou acostumandome máis a isto de estar morta, non é traballo fácil, non é como nas películas, que atravesas paredes e podes asustar as persoas, non é como a peli de Casper, quita esa idea absurda da túa cabeza, ti fas vida normal o único que cambia e que nadie te pode ver, só aquelas persoas que teñen un sentido máis.
Hoxe aprendín a falar coa miña irmá. E mirei a toda a miña familia xunta, os meus amigos, veciños,... O que máis estrañarei e no poder bicar aqueles labios que volvíanme tola.
CHAO!!!!
QUERIDO DIARIO:domingo 27 de abril de 2010.
-Desperta María, que mama ben a darche unha boa noticia.
-Grazas por avisar, que día e hoxe?
-Non sei os nosos días son sempre iguais.
-Bos días cariño, veña arriba que hoxe temos unha boa noticia.
Alegrame que mama estivese un pouco máis contenta, era unha sonrisa engañosa, porque ela pensaba:”deus como me recorda a miña Kenya.”
E que a min o que menos me gustaba era levantarme cedo, deus como o odio.
Eu prepareille a roupa a miña irmá, e ela moi contenta foi como eu a vestira a almorzar.
-Temos que contarche unha cousa filla.
-Si cal?
-Como túa irmá maior faleceu, vamos a fabricar un irmán para ti.
-Que guai, parece que xa vos esquecestedes de Kenya.
-Non, non nos esquecemos e nunca nos esqueceremos de Kenya, pero hai que pasar páxina, e volver a ser unha familia unida e normal.
-Si claro, sobre todo unida e normal.
Miña irmá levantouse da mesa, moi molesta e marchou para o seu cuarto ese encerrou. Tiven que petar na porta para que me deixara entrar.
-Non me gusta como lle falaches a papa e a mama, pero sabes o bo de ter unha irmá nova?
-Que serei eu a maior?
-Non burra, que eu pódome meter no seu corpo.
-Non entendo pero ti verás.
Baixou a cociña de novo e falaron un rato despois María volveu subir, pero coa cabeza gaucha.
-Que pasou, segue sen gustarche a idea?
-Non e que agora queren adoptar porque mama di que ter un fillo doe moito.
-Xenial, ahi vai o meu plan a porra.
Agora xa non me podo meter no corpo da miña irmán que supostamente iba a nacer, onte esqueceuseme contarche que me metin no corpo de Sonia, e por iso hoxe a idea tiven esa idea. Bueno despidome que vou xogar as bonecas coa miña irmá.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:luns 28 de abril de 2010.
Ola, hoxe pasou algo super guai, dentro de 3 días vamos viaxar a África para mirar a nena para adoptar, no catálogo que nos mandaron mama fixouse nunha:
Chámase:Kenya, ten 12 anos, ollos castaños, pelo loiro.
Ela quere esa nena por iso dentro de 3 días xa marcharemos para ala para recollela tan pronto a vexamos me meterei no seu corpo. O malo é que Kenya bis ten 1 ano menos ca min, por iso non vou estar na misma clase que Sonia e Pablo, é unha mágoa. Hoxe viu Sonia a casa, traía unha caixa, preguntoulle a miña nai se podía entrar no meu cuarto, ela díxolle que si. Abriu a porta e mirou que todo estaba como eu o había deixado, e na mesilla de noite puxo un álbum de fotos,na miña cama puxo un peluche, o meu favorito que me había deixado o día anterior de morrer na súa casa. Despois déulle un bico o peluche e marchou. Fun a mirar naquel álbum da mesilla e non o podía crer, era o meu agasallo de cumpreanos, estaaba cheo de fotos dende moi pequenas ata ahora, tamén estaba Pablo. Na última foto estaba eu co meu traxe de ximnasia rítmica, o día que morrín uns minutos antes cando estaba co trofeo na man. Sabes o que me preguntei despois de esa foto? Donde está o trofeo que gañei?Mañá cho digo porque agora mesmo voullo preguntar a María.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:martes 29 de abril de 2010.
Ola mañan xa termina o mes e empezara a nosa viaxe, será moi divertido, ademais meus pais non terán que pagarme o viaxe, bueno si o de volta si porque como vou vir no corpo de Kenya bis. Miña irmá acaba de marchar fai 5 min, a casa de Sonia, porque ela non sabe donde foi parar o meu premio, e o mellor Sonia sabe donde está, espero que o meu premio non este nas mans de Raquel, porque o que fixo non ten perdón, penso igual ca miña nai, sabía perfectamente que o da miña enfermidade interna non a podía decir porque morrería, aínda que diga que non o sabía, todos os nenos do instituto o sabían e sen embargo ela díxomo, porque é unha celosa asquerosa. Despois volvo que acaba de chegar miña irmá, espero que me tráia boas noticias. Xa estou de volta, a que non sabes quen ten o meu trofeo, bueno colleuno Pablo antes de ir para o hospital, e cando foi o meu enterro, deixóuno na miña tumba. Agora miña nai vai todolos días a miña tumba a sacarlle brillo o trofeo e tamen a poñer flores novas. Hoxe como nadie foi con ela, fun eu, nunca vira cousa semellante había un montón de flores por todas partes, cintas que decían:”Nunca te olvidaremos”. Esta moi bonita, e o trofeo é moi bonito, case non o recordaba da primeira vez que o vira, tampouco tiven moito tempo. O peor de ser unha pantasma respeto a moda, é que non te podes cambiar de roupa, e ando co meu traxe de ximnasia rítmica, menos mal que é cómodo que se non... Podo comer e sempre me sento a cear coa miña familia, aínda que non me vexas, eles ensináronme dende pequena que nas horas das comidas había que estar todos unidos en familia, e así o fago.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:30 de abril de 2010.
Ola, nunca viaxei en avión, hoxe é a primeira vez, levo comido non sei cantos chicles, estaba sentada ao lado de María, e levaba as súas maletas enrriba miña para que as persoas non se sentasen encima miña, o que me faltaba por aturar, agora estamos nun hotel de 5 estrellas, ten piscina, un baño cunha ducha de hidromasaxes...dentro de uns minutos marcharemos a casa donde estan os nenos e nenas sen familias, esta nun pobo pequeno agora mesmo vamos a marchar para alá, levaranos unhas 2 horas según mama.
CHAO!!!
QUERIDO DIARIO:1 de abril de 2010.
Perdoame pero onte xa non puiden escribir máis, verás despois de meterme no corpo da nena, a estatura cambiou e tamén os ollos.
-Ola Kenya, somos os teus novos pais, e está e túa irmá María.
-Ola.
-Non era que tiñas os ollos castaños?
-Non señora, devéronse confundir no catálogo, sempre os tiven azuis.
-Entón cada vez te pareces máis a miña Kenya.
Contáronlle toda a historia, bueno contáronme toda a historia que me había pasado, así tuven oportunidade de enterarme de cousas que non sabía.

1 comentario: