domingo, 13 de junio de 2010

VAMOS BEBENDO

- Teño tres pitas brancas
E un galo negro,
Que han de poñer bos ovos,
Andando o tempo.
I hei de vendelos caros,
Polo Xaneiro;
I hei de xunta-los cartos
Para un mantelo;
I heino de levar posto
No casamento;
I hei...

- Pos mira, Marica,
Vai por un neto
Que antramentas non quitas
Eses cerellos,
I as pitas van medrando
Co galo negro,
Para poñelos ovos,
E todo aquelo
Do xaneiro, dos cartos
I o casamento
Miña prenda da ialma,
¡Vamos bebendo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario